Agora máis que nunca

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Grandes colaboradores

Estas son algunhas das empresas e institucións que tamén nos botaron unha man co traballo nos últimos meses. Moitas grazas a todas!
Activa

Activa

Activa é unha cadea de tendas de electrodomésticos, que colabora con nós nunha campaña de captación de fondos para destinar a proxectos de loita contra a crise, a través de huchas que se colocan en tódolos puntos de venta da rede en Galicia.

Alcoa

Alcoa

Alcoa, empresa internacional productora de alumnio, ten unha factoría en San Cibrao (Lugo) e dende ela colabora habitualmente coa Cruz Vermella. Ven de doar 800 kilos de alimentos para as entregas mensuais que se fan dende o noso centro de Lugo,  e 18 caixas con produtos de alimentación para bebés.

Alimerka

Alimerka

A Fundación Alimerka dona 38 paquetes alimenticios tres veces ao ano, que se entregan a familias de Foz e Ribadeo. Ademais, imparte dous obradoiros sobre alimentación sana e aforro na compra diaria para os beneficiarios dos paquetes, que Cruz Vermella sinala.

Asociación Benéfica Proyecto de Ayuda

Asociación Benéfica Proyecto de Ayuda

A Asociación Benéfica Proxecto de Axuda está formada por voluntarios e voluntarias, e pretende axudar a familias con escasos recursos para que poidan dispoñer das necesidades básicas.

Actualmente están prestando o seu apoio a Cruz Vermella para difundir a páxina web www.agoramaisquenunca.org e intentar acadar todas as necesidades que se solicitan a través da mesma. Ademáis se dispoñen dalgunhas das demandas solicitadas como silliñas de bebé ou berces fan a donación á nosa institución para que poidamos entregalo a aquelas familias que máis o necesitan.

Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

A Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) colabora con nós no proxecto de difusión desta web, a través do proxecto VOLDIX de voluntariado dixital, e da difusión da súa rede de centros CEmIT e as súas ferramentas dixitáis e webs, na procura de xerar a movilización social que nos permita acadar o financiamento dos proxectos.

Óptica Diagonal

Óptica Diagonal

Óptica Diagonal é unha óptica con establecemento en Ourense. Está a colaborar con Cruz Vermella na creación dunha rede de opticos solidarios en Galicia, que busca que poidamos axudar a algunhas persoas con especiales dificultades para acceder á mellora da súa visión e que están a ser atendidas polos equipos da Cruz Vermella.