Agora máis que nunca

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Todas as novas

Acompañamos ás persoas sen fogar no proceso encamiñado a mellorar a súa situación

Acompañamos ás persoas sen fogar no proceso encamiñado a mellorar a súa situación

O 17 de outubro é o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. En Cruz Vermella contamos con diferentes proxectos dirixidos ás persoas afectadas pola pobreza e con motivo deste día queremos poñer o foco nun deles, trátase do proxecto Sen Teito, de axuda a persoas sen fogar.

En Galicia temos un equipo de case cen persoas, contando co voluntariado, e traballamos para mellorar a calidade de vida das persoas sen fogar nas seis cidades máis grandes de Galicia: A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Son fundamentais as saídas de intervención en rúa para establecer contacto con eles e elas así como para facer un seguimento dos seus casos. Desde comezos de ano realizáronse 480 saídas deste tipo.

Son persoas que se atopan nunha situación de extrema vulnerabilidade e proporcionámoslles mantas e café quente pero non só iso, tratamos de mellorar as súas capacidades, habilidades e coñecementos, e acompañámoslles en todo o proceso encamiñado á mellora da súa situación. En 2015 xa atendemos a máis de mil persoas sen fogar.

Vídeo para reflexionar

E se de súpeto as túas cousas caben nunha mochila? A maior de parte das persoas sen fogar non elixiron vivir así, adoitan darse unha serie de causas encadeadas que conducen ao sinfogarismo: a morte dunha persoa querida, unha ruptura familiar, a perda de emprego, unha enfermidade ou discapacidade, a falta de rede de apoio…

Pode pasarlle a calquera. Poderías ser ti. Na seguinte ligazón hai un vídeo co que convidamos á poboación a reflexionar: https://youtu.be/HVfpbbpx9HY

 

* O proxecto Sen Teito está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade, Servizos sociais e Igualdade.