Agora máis que nunca

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Todas as novas

Arrinca a nova edición da campaña de almorzos e merendas #ConCorazón

Arrinca a nova edición da campaña de almorzos e merendas #ConCorazón

Temos un novo obxectivo: conseguir produtos para os almorzos e merendas dos nenos cuxas familias teñen dificultades. Necesítanse produtos como leite, zume, cacao en po, cereais, galletas, queixo en porcións, chocolate, marmelada ou aceite de oliva

Como o faremos? A través da campaña Almorzos e Merendas #ConCorazón. Este venres e sábado, 23 e 24 de outubro, arrinca a terceira edición nos hipermercados Alcampo, os supermercados Simply e os centros comerciais Immochan. No caso de Galicia, a campaña desenvolverase nos hipermercados Alcampo da Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo 1 e Vigo 2.

O voluntariado de Cruz Vermella encargarase de recoller os alimentos nos diferentes puntos habilitados e posteriormente entregaránselles directamente ás familias que os necesitan ou ben se lles proporcionarán aos nenos e nenas que participen en actividades da Organización, principalmente as de promoción do éxito escolar. A Institución persegue incidir nos factores que condicionan a pobreza, polo que favorecer e promover o éxito escolar convértese nunha forma de romper a transmisión intergeneracional da pobreza.

Na campaña anterior, nas que participaron 2.566 voluntarios de Cruz Vermella de toda España, recolléronse máis de 1,3 millóns de almorzos e merendas que foron destinados a 10.952 nenas e nenos. Este ano a intención é alcanzar a cifra de 2 millóns para chegar así a máis pequenos. 
 
Esta iniciativa foi posta en marcha en 2013 polas empresas do Grupo Auchan en España (Alcampo, Simply, Oney e Immochan) en colaboración con Cruz Vermella e Un Xoguete Unha Ilusión. A finalidade é mellorar a calidade de vida das familias en dificultade social. Ademais do que consiga grazas á colaboración da poboación, Alcampo realizará unha achega de 100.000 euros en produtos de almorzos e merendas e Oen de 2.500 euros para a compra de alimentos. 

Máis información sobre a campaña: http://www.desayunosymeriendasconcorazon.com/