Agora máis que nunca

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Volver ao mapa

Cruz Vermella Ordes

Parque Municipal - Bajos Alameda, s/n | 15680 | Ordes, A Coruña

981 216 497

cruzrojaordes@cruzroja.es

aberto luns, mércores e xoves de 10.00 h a 14.00 h. Os martes e venres de 16.00 a 20.00

http://www.cruzvermella.org/

O que necesitamos

Así progresamos

Entrando en Ordes atoparedes o edificio do concello antigo, ó seu carón hai un gran alameda e debaixo delas hai catro portas, unha delas é a biblioteca municipal, noutra os servicios sociais do concello, a seguinte  é o local de ensaio de música e a que nos queda é a da Policía Local e a asemblea local de Cruz Vermella Ordes, como podedes imaxinar está ben protexida!!, é normal xa que é o punto de encontro de xente tan valisosa coma ti.

É unha asemblea moi pequeniña pero con moita actividade: temos clases de español para inmigrantes, apoio escolar, acompañamento a persoas maiores, proxectos de sensibilización nos institutos, etc. Pero un dos proxectos que máis nos gusta e que está a ter moito éxito é o de realizar actividades de ocio cos cativos e cativas, para o cal nos desplazamos ata as parroquias que están máis alonxadas do centro de Ordes.

Teríamos moitas cousas que contarche, pero mellor achégate un día, coñece a algunha das persoas voluntarias que están a colaborar connosco y falamos de todo o que estamos facendo e do que podemos facer. Contamos contigo?

Cruz Vermella Ordes

Parque Municipal - Bajos Alameda, s/n | 15680 |
Ordes, A Coruña

O que xa conseguimos