Agora máis que nunca

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Volver ao mapa

Cruz Vermella Terra de Soneira

A Torre, 5 | 15129 | Vimianzo, A Coruña

981 717136

gavimianzo@cruzroja.es

aberto luns, mércores e venres de 9.00 a 13.00 h. Martes e xoves de 16.00 a 20.00 h

http://www.cruzvermella.org/

O que necesitamos

Así progresamos

A asemblea comarcal de Cruz Vermella en Terra de Soneira está situada no casco urbano do municipio de Vimianzo, nun inmoble propiedade do concello. A actividade da Cruz Vermella na zona comezou cun posto de Socorros,  iniciándose a principios da década do 2000 o desenvolvemento de proxectos de carácter social.

Tras unha tempada con problemas de habitabilidade a asemblea reiniciou a súa actividade o pasado ano desenrolando actividades de sensibilización fundamentalmente en ámbitos como os da igualdade de xénero, saúde e medio ambiente.

Asemade,  dende a Cruz Vermella dase resposta ás necesidades das personas dende o servizo de Teleasistencia Domiciliaria, tanto la dirixida ós maiores como ás mulleres, co proxecto de productos de apoio ou con campañas como o reparto de xoguetes

Na actualidade estase centrando a actividade nas prestacións do chamamento “Agora máis que nunca” que lanzou a organización en maio do ano 2012 ante a situación de crise, co fin de ampliar a nosa intervención coas persoas en situación de extrema vulnerabilidade.

O traballo de Cruz Vermella persegue como obxectivo final mellorar a calidade de vida dos colectivos máis vulnerables da comarca.

Cruz Vermella Terra de Soneira

A Torre, 5 | 15129 |
Vimianzo, A Coruña

O que xa conseguimos