Agora máis que nunca

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Volver ao mapa

Cruz Vermella A Coruña

Cruz Roja Española, 1 - Edificio Cruz Roja | 15002 A Coruña, A Coruña

981 221 000

coruna@cruzroja.es

aberto de luns a xoves de 09.00 a 14.00 h e de 16.00 a 18.00 h. Os venres de 08.00 a 15.00 h

http://www.cruzvermella.org

O que necesitamos

Así progresamos

A oficina provincial de Cruz Vermella en A Coruña está ubicada nun edificio singular  no centro da cidade e onde  se coordina a nosa rede provincial de Asambleas locales, se desenvolve la meirande parte da actividade e na que se ubica o primeiro centro de día para personas maiores que se puxo en marcha en Galicia.

Dende as nosas distintas instalacións na cidade desenvolvemos unha gran variedade de proxectos.  Moitos deles teñen una gran traxectoria e son moi coñecidos pola cidadanía, como poden ser os vencellados ás emerxencias, tanto na terra como na mar, neste último caso xestionadas dende a base de mar situada nas proximidades do dique de abrigo; o traballo coa poboación inmigrante ou a teleasistencia para maiores. Co paso dos anos póñense en marcha moitos proxectos novos vencellados coas necesidades emerxentes na atención á infancia e xuventude, a persoas sen fogar, a desempregados, a mulleres víctimas da violencia de xénero...

Outro aspecto de gran importancia para a institución é a formación, xestionada dende  un centro propio dende onde se imparten ensinanzas de diferentes niveis, dende a formación profesional ata os tradicionais cursos de primeiros auxilios para capacitar á poboación para dar a primeira asistencia en situacions de accidente. 

Actualmente ademáis dos proxectos que traballan para reforzar as capacidades das persoas, dende Cruz Vermella temos lanzado unha chamada para facer fronte ás necesidades básicas das persoas afectadas pola crise, facendo especial incidencia sobre as familias e os nenos e nenas. Tamén podes saber máis en agoramaisquenunca.cruzvermella.org 

Cruz Vermella A Coruña

Cruz Roja Española, 1 - Edificio Cruz Roja | 15002
A Coruña, A Coruña

O que xa conseguimos