Agora máis que nunca

Cruz Vermella

Web oficial de Cruz Roja Española en Galicia

Volver ao mapa

Cruz Vermella Lalín

Avenida Xosé Cuiña, s/n (Complexo deportivo Lalín), 36500 Lalín, Pontevedra

986 782 581

lalin@cruzroja.es

aberto de luns a xoves de 08.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h. Os venres de 08.00 a 15.00 h

http://www.cruzvermella.org/

O que necesitamos

Así progresamos

A principios de febreiro de 2014 inaugurase Cruz Vermella en Lalín coa apertura dunha oficina no complexo deportivo Lalín Arena. Grazas á colaboración do concello de Lalín  comeza esta andadura que pretende completar a actuación que Cruz Vermela realiza na comarca do Deza.

Desde este inicio xa se puxeron en marcha varios proxectos como o servizo de axuda a domicilio complementaria, ofertando obradoiros de estimulación de memoria, atención a persoas inmigrantes, con clases de español os xoves e unha especial atención aos proxectos dirixidos a paliar os efectos da crise. Para elo estanse realizando apoios na compra de alimentos, xestión de suministros, obradoiros de economía doméstica e abriuse un punto de información laboral para a busca de emprego. Realizamos tamén acompañamentos aos maiores participantes en Teleasistencia Domiciliaria.

Ademáis contamos cun importante apoo na zona de persoas socias e voluntarias que xa están traballando para desenvolver esta nova oficina e abrir novos proxectos de actuación social.

Pásate pola nosa oficina se desexas recibir máis información ou facerte voluntario, agardámoste!

Cruz Vermella Lalín

Avenida Xosé Cuiña, s/n (Complexo deportivo Lalín), 36500
Lalín, Pontevedra

O que xa conseguimos